Hoxe é día 8 de marzo. É o Día Internacional da Muller Traballadora.
Dende a nosa clase quixemos celebrar este día participando no Concurso de Carteis organizado polo Concello de Rois con este traballo da nosa clase.
Esperamos que vos guste a todos porque con el vimos de gañar o premio que otorgan á nosa categoría e que se entregaba hoxe no Auditorio de Rois.
Noraboa Alba, Andrea, Nico, Carmela, Brais, Sergio, Nerea, Ángel, Sara, Alejo e Sabela!!
E noraboa a todas aquelas mulleres que loitan cada día pola igualdade de dereitos entre os sexos! Moito foi que conseguimos, pero moito queda por conseguir!!
As novas xeracións xa están aquí e continuarán a nosa loita: Alba, Andrea, Carmela, Nerea, Sara e Sabela son unha nova xeración de mulleres de Urdilde que esixirá os seus dereitos. E Nico, Sergio, Ángel e Alejo estarán ao seu lado loitando polo que é xusto.
Noraboa tamén a todas as nosas nais, ás que tanto lles debemos!!
Aquí vos deixo a foto dos nosos premiados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario