sábado, 19 de marzo de 2016

19 DE MARZO: DÍA DO PAI

Hoxe celebramos o DÍA DO PAI primeiro vendo unhas ilustracións ben bonitas que nos lembran todo o que significa o noso pai na nosa vida, todo o que fai por nós e o cariño que del recibimos.



E agora deixamos a foto do regaliño que con tanto agarimo preparamos para os nosos papás na clase. Felicidades a todos os papás de Urdilde!!

miércoles, 16 de marzo de 2016

UNHA NOVA EXPERIENCIA: A REALIDADE VIRTUAL

A semana pasada estabamos traballando na aula un tipo de texto concreto: a noticia. Limos varias noticias para ver exemplos e logo escribimolas tamén para practicar.
Unha noticia das que limos na clase falaba da realidade virtual e non sabiamos o que era. Experimentar coa realidade virtual sempre é máis ilustrativo que ler sobre ela así que profe trouxonos unhas gafas de realidade virtual para que probaramos. Con elas fomos quen de ver o sistema solar como se fóxemos astronautas viaxando nunha nave espacial. 
Foi moi divertido!


ESTADOS DA AUGA





ESTADOS DA MATERIA


LOS ARTÍCULOS

Repasamos los artículos en castellano.




Empezamos a practicar: el, la, los, las.


Ahora repasamos: un, unha, uns e unhas.


martes, 8 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe é día 8 de marzo. É o Día Internacional da Muller Traballadora
Dende a nosa clase quixemos celebrar este día participando no Concurso de Carteis organizado polo Concello de Rois con este traballo da nosa clase.
Esperamos que vos guste a todos porque con el vimos de gañar o premio que otorgan á nosa categoría e que se entregaba hoxe no Auditorio de Rois.
Noraboa Alba, Andrea, Nico, Carmela, Brais, Sergio, Nerea, Ángel, Sara, Alejo e Sabela!!


E noraboa a todas aquelas mulleres que loitan cada día pola igualdade de dereitos entre os sexos! Moito foi que conseguimos, pero moito queda por conseguir!!
As novas xeracións xa están aquí e continuarán a nosa loita: Alba, Andrea, Carmela, Nerea, Sara e Sabela son unha nova xeración de mulleres de Urdilde que esixirá os seus dereitos. E Nico, Sergio, Ángel e Alejo estarán ao seu lado loitando polo que é xusto.
Noraboa tamén a todas as nosas nais, ás que tanto lles debemos!!


Aquí vos deixo a foto dos nosos premiados.

jueves, 3 de marzo de 2016

EXPRESIÓN ESCRITA: AS RECEITAS

Como nestes temas de lingua e lengua estabamos traballando as receitas como un dos tipos de textos que podemos atopar, decidimos poñer en práctica unha receita de cociña. Así que o mércores fómonos ao comedor a cociñar un pequeno postre.

Despois do traballiño, disfrutamos das nosas "palmeritas", que, aínda que non saíron perfectas porque o forno do comedor é moi potente e "churruscáronsenos" un pouco, estaban ricas. Non sí?