Hoxe organizouse un simulacro de incendio no noso cole coa axuda de Protección Civil e unha dotación de Bombeiros de Padrón. Foi un día de emocións encontradas (sorpresa, susto, curiosidade e logo un pouquiño de diversión).
Sorprendímonos moito cando sonaron os silbatos e os profes nos sacaron ao patio a toda présa sen deixarnos coller ningunha das nosas cousas e asustámonos cando vimos que saía fume do cole e pensamos que había un incendio. Máis susto levamos aínda cando vimos chegar ao bombeiros coas súas sirenas encendidas.
Creíamos que o noso cole estaba ardendo de verdade. Pero logo, soubemos que todo era de mentira, que había un simulacro para entrenarnos por se ocorría algo así pero de verdade.
Así que, chegou o momento da curiosidade, da querer saber como era o traballo dos bombeiros, como ían vestidos, que aparellos empregaban, como se protexían contra o lume e como actuaban diante dun incendio.
E por fin chegou o momento da diversión, claro, co que nos gusta a nós divertirnos. Os bombeiros deixáronnos ver como eran os seus camións e incluso nos permitiron subirnos a eles e probar as súas sirenas.
Aquí están as fotos dun día moi especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario