miércoles, 22 de junio de 2016

Despedida

Ola rapaces!!

Escríbovos desde aquí, porque hoxe contaba poder ir a despedirme de vós ao cole pero logo non puiden chegar a tempo. Cando cheguei xa vos fórades!! Quedoume unha pena moi grande no corazón porque fostes a miña alegría este ano!
Quería disculparme por non poder estar con vós nun día tan especial. 
Estou segura de que volveremos a vernos ou al menos eu farei por ir a visitarvos o curso que ven. 
Gustaríame felicitarvos por un curso estupendo e desexarvos o verán máis divertido do mundo. Disfrutadeo a tope e facedeo un pouquiño por min tamén!!
Merecedes o mellor!!
Un bico enorme da vosa profe que vos quere moito!!

Asun

EXCURSIÓN Á ILLA DE CORTEGADA

Deixámosvos algunhas foto da excursión á Illa de Cortegada. Que ben o pasastes ehh!!

ANIVERSARIOS DO VERÁN

Felicidades rapaces!!!

domingo, 19 de junio de 2016

DESCUBRINDO A INDIA: PROXECTO REMATADO

O noso proxecto de investigación sobre a India incluído no Proxecto Documental sobre as "Culturas do mundo" proposto desde a biblioteca está rematado. E queremos facelo público e compartilo con todos vós.
Queremos dar as grazas aos papás e mamás que colaboraron na busca de información e na elaboración dos disfraces. 
Grazas aos nosos alumnos pola súa curiosidade e por todo o seu traballo. Levaredes o voso traballo para a casa encadernado e listo para conservar como lembranza de todo que aprendemos todos xuntos.
E aquí vos deixamos unha mostra do traballo (pódese descargar o pdf rexistrándonos na páxina de issuu) e as fotografias do noso mural de aula.
As titoras
Asun e Lola

Fotos do Mural de aula



viernes, 3 de junio de 2016

PALABRAS POLISÉMICAS

Completa con la palabra adecuada


Escoge la palabra polisémica que se adecue a las definiciones

Arrastra cada dibujo a su lugar


Selecciona la palabra polisémica adecuada en cada caso












viernes, 27 de mayo de 2016

lunes, 25 de abril de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O 23 de abril conmemórase o DÍA DO LIBRO. Como este ano caía de sábado, no noso cole decidimos celebralo o venres para elo puxemos en práctica por primeira vez unha experiencia nova: os APADRIÑAMENTOS LECTORES. Foi un momento especial para todos nós. Os Padriños e Madriñas lectores (alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º) buscaron o lugar que máis lles gustou por todo o colexio para lerlles ao seus afillaos (alumnos de Infantil, 1º e 2º). E aquí os tedes!! Que ben o pasamos!!

Apadriñamentos Lectores: Día do Libro no CEIP Plurilingüe Pumar-Urdilde 2016 from asun urdilde on Vimeo.


E tamén co gallo da celebración do DÍA DO LIBRO o Equipo de Biblioteca preparou unha Guía de Lectura titulada "Os libros nos libros".
"Os libros, ás veces, fanse unha homenaxe a sí mesmos converténdose nos protagonistas das súas narracións. É coma se os libros dixesen: agora imos falar de nós mesmos: de como nos fan, de quen nos escribe e nos ilustra, dos lectores que nos devoran, de quen nos coida e ordena... Incluso, ás veces, ata deciden mesturar aos personaxes das súas páxinas e colocalos noutras historias para, así, sorprender aos lectores e facernos pensar que aínda hai miles de historias por escribir e as mesmas por ler."
Esta guía axudaravos a coñecer mellor todos estes libros que falan de sí mesmos.


Os rapaces foron agasallados cun MARCAPÁXINAS coa nosa mascota Pumariño para non esquecer nunca a páxina na que estamos do libro que estamos a ler. Se por algunha razón a perdedes podedes descargala de novo aquí, rexistrándovos na páxina de ISSUU.
E para rematar deixámosvos outro pequeno agasallo: trátase dunha curtametraxe que de seguro moitos de vós coñeceredes: "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore" Inspirado por igual no furacán Katrina, Buster Keaton, o mago de Oz e unha gran pasión polos libros, esta curta dirixida polo autor e ilustrador Willian Joyce e o seu co-director Brandon Oldenburg en 2011 é unha entretida e apaixonante historia das persoas que dedican a súa vida aos libros e a quenes os libros lles devolven o favor. Fala dos poderes curativos dunha boa lectura. A historia xira arredor do amor polos libros, a súa capacidade para iluminar as nosas vidas e o marabilloso que é mergullarse na lectura. Esta curtametraxe gañou unha ducia de premios en festivales de cine, incluindo o Premio do Público no Festival de Cine de Austin, mellor curta de animación no Festival de Cine de Cinequest; e por suposto, o galardón como Mellor Curtametraxe de Animación nos premios Oscar na súa 84ª edición

.