miércoles, 7 de octubre de 2015

Unidades,decenas e centenas cos bloques en base 10

Na clase xogamos a contruir números cos bloques en base 10, lembrades??

Agora vós podedes xogar igual que fixemos na clase pero con este pequeno xogo para practicar co ordenador.


Excursión á Biblioteca Pública Anxel Casal e ao Festival Internacional de Cine "Curtocircuito"

Hoxe saímos de excursión á Santiago.

Visitamos a Biblioteca Pública Anxel Casal co obxectivo coñecer as posibilidades formativas, informativas e de entretemento que ofrece esta biblioteca para os nenos e nenas.

Recibiunos Patricia, a encargada da Sección Infantil da biblioteca, que primeiramente nos amosou un vídeo onde nos ían explicando como estaba organizada a biblioteca e os servizos que ofrece.

A continuación fixemos unha visita guiada por toda a biblioteca onde Patricia nos foi explicando cada unha das plantas da biblioteca e a que estaba adicada cada sala.

Hoxe aprendemos que nunha biblioteca non é un almacén de libros!! Unha biblioteca é moito máis que iso!!!

Nesta biblioteca podemos:
  • ler os libros que máis nos gustan
  • coller prestados libros para levar para a casa
  • escoitar música alí
  • coller prestados CDs de música para escoitar na casa
  • ver películas alí
  • coller prestadas películas para ver na casa
  • ler o xornal do día alí ou consultar o xornal de calquera día pasado na hemeroteca
  • ler revistas alí
  • coller prestadas revistas para ler na casa
  • consultar libros informativos para facer traballos
  • estudar nas salas 
  • acceder a internet dende os nosos propios portátiles e tabletas a través da wifi da biblioteca
  • acceder a un ordenador da biblioteca para navegar por internet
  • consultar o catálogo da biblioteca
  • acceder a bebeteca (biblioteca para bebés)
  • asistir a sesións de contacontos
  • visitar exposicións externas á biblioteca
  • visitar exposicións de libros dunha temática concreta
  • participar en obradoiros de teatro
  • participar en obradoiros de manualidades

Puff!!! Menudo mogollón de cousas!! verdade?? E todas elas son gratuitas!! Tan só temos que sacarnos o carnet da biblioteca que nos fan alí nun periquete.

Así que xa sabedes!! Pedídelle aos vosos pais que os leven a esta estupenda biblioteca e que vos fagan socios! E logo a disfrutar dos seus servicios. 

Aquí tedes as fotos da excursión!!




Para rematar esta xornada, desprazámonos ao Teatro Principal para asistir a unha proxección de curtametraxes animados  do Festival Internacional de Cine "Curtocircuito".

Vimos 10 curtas.

Imos lembrar cales vendo os trailers:

FRENEMY

Un can e un gato que se levan como se soen levar os cans e os gatos. Pero...
Que pasaría se intercambiasen as súas voces?




J ET LE POISSON

Na súa illa, J soña con marcar a lomos dunha balea. 
O problema é que só ten un pececiño amarelo! 
Que se lle ocurrirá a J ?


L´ENVOL 

Esta curta conta a historia dun neno que dexa vivir aventuras no fondo do mar



SONÁNBULO

Un percorrido surrealista por cores e formas inspirado no poema Romance Sonámbulo de Federico García Lorca. Poesía visual ao ritmo de soños fantásticos e noites de pasión.



TIK TAK 
O reloxeiro controla o tempo, pero o ratón que vive no seu taller controla os reloxos… 



HISTORIA DUN OSO
Un vello oso sae todos os días a unha esquina dunha moi transitada rúa. A través dun teatro de monicreques de hoxalata que fabricou, o oso contaranos a historia da súa vida.



MALY COUSTEATU

Esta curta contanos a historia dun neno que desexa vivir aventuras no mar profundo desde unha cidade nevada. É unha homenaxe a Jacques Cousteau.

ILLUSTRATION COMPOSTAGE

Amósase o fenómeno da compostaxe, que adoita durar unha media de seis meses, concentrado nun curto de dous minutos e trinta segundos. (Desta curta non temos o trailer)


AN ODE TO LOVE

Un home solitario nunha illa deserta explora os altibaixos do amor cando un misterioso compañeiro aparece na costa, arrastrado polo mar. Nada volverá ser o mesmo. Ou tal vez si?


LIGHT MOTIF

Lixeiro Motif explora as posibilidades da combinación entre a imaxe e a música nunha contorna semiabstracta de cores claras e formas xeométricas.   


Cal de todas estas curtas vos gustou máis?? Mañá contádesmo na clase!!